Vistas de página en total

lunes, 15 de diciembre de 2008

O BNG culpa ao bispo e o alcalde de Portomarín do abandono de tallas moi valiosas

? grupo municipal do BNG de Portomarín considera que son as autoridades eclesiales, «co bispo á cabeza» e o alcalde do municipio os responsables do abandono en que se encontran numerosas pezas históricas de grande valor, logo de 46 anos de espera por un museo.
Xesús Castro, da citada formación nacionalista recorda que a responsabilidade é compartida do bispo e do alcalde porque «uns esconderon a súa existencia (refírese ás pezas) dende hai 46 anos e outros irresponsables almacenáronas nun tendal en obras, sin pechar, como si fose un carro de leña».
«Dende o noso grupo, apoiaremos calquera idea que redunde en proveito da recuperación dun patrimonio que o pobo nunca o esquece, e que uns irresponsables que descoñecen o seu valor artístico histórico trataron como lixo, e que pode servir para recuperar a memoria histórica do noso pobo», señaló ayer Xesús L.Castro.
Tomado de: http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/01/12/5447784.shtml

No hay comentarios:

Publicar un comentario